Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 3 de maio de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle de Salgueiriños de Arriba, formulado polos servicios técnicos de Planeamento e Xestión.

O ámbito obxecto de ordenación abrangue o da unidade de xestión número 8 (UX-8) do Plan Xeral de Ordenación Urbana, ó que se lle engaden os terreos situados ó norte da citada unidade, clasificados como solo urbano de ordenanza 2, estremeiros coa estrada N-550 e coa rúa Salgueiriños de Arriba.

En cumprimento do que dispón o artigoo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde