Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 26 de abril de 1999, aprobou inicialmente o Plan especial de ordenación do sistema xeral SU-4 (Meixonfrío), formulado polo concello.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes,

contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde