Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 26 de abril de 1999, aprobou inicialmente os proxectos de delimitación e estudio de detalle da unidade de xestión número 13(UX-13) na calzada de Sar, así como os estatutos e bases de actuación necesarios para constituí-la xunta de compensación da unidade, promovidos por José Freire Otero.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 121 e 133.4º, en relación co 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o 44.3º da mesma lei, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas. Así mesmo, os interesados poderán solicitar, se así o desexan, a súa incorporación á xunta de compensación. A solicitude formularase por escrito, e xuntaránselle os documentos acreditativos do seu dereito sobre os terreos afectados.

Para os efectos do previsto no artigo 59.4º da Lei de procedemento administrativo publícase de seguido a relación dos propietarios afectados:

José Freire Otero.

José Mugico Caneda.

Jesús Vázquez Viñas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde