Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 20 de abril de 1999, aprobou inicialmente o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, para

a adquisición dos terreos para o campo da festa de Iñás, termo municipal de Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 145 nº 2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito expediente estara exposto ó público polo prazo dun mes, na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, para efectos de presentación de observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, seis de maio de mil novecentos noventa e nove.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta