Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle na praia de Beluso.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 19 de maio de 1999, o estudio de detalle na praia de Beluso, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, exponse o público o expediente polo período dun mes, contado a partir do da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que durante o dito prazo se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

O devandito expediente poderá ser examinado nas dependencias de secretaría, das 8.30 ás 14 horas en días hábiles, agas sábados, que será das 9.30 ás 13 horas.

Bueu, 28 de maio de 1999.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde