Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da reforma de vivendas en Pazos Fontenla.

Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 19 de maio de 1999, o estudio de detalle de reforma e ampliación de vivendas en Pazos Fontela, de conformidade co establecido no artigo 50 da Lei do solo de Galicia, en relación co artigo 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do mencionado acordo no DOG e no BOP; así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

O que se fai público para os efectos oportunos, significándose que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados de xeito idéntico.

Bueu, 28 de maio de 1999.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde