Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Parcial do Parque Empresarial de Penapurreira.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de marzo de 1999, aprobou definitivamente o Plan Parcial do Parque Empresarial de Penapurreira.

A eficacia do acto de aprobación definitiva da presente modificación e a súa entrada en vigor queda condicionada á comunicación deste acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á recepción da copia adverada do expediente completo e da demais documentación especificada no artigo 48.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como á publicación das súas normas e ordenanzas consonte o disposto na lexislación de réxime local.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o de reposición. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

As Pontes de García Rodríguez, 19 de maio de 1999.

Vicente López Pena

Alcalde-presidente