Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (18/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 24 de maio deste ano, dictou a seguinte resolución:

1º.-Anula-la providencia do 16 de outubro de 1998, pola que se aprobaba definitivamente o proxecto de urbanización do Peruleiro-Manuel Murguía, asentada no libro de resolucións co número 13.721.

2º.-Aprobar inicialmente o novo proxecto de urbanización O Peruleiro-Manuel Murguía redactado polo enxeñeiro de camiños municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Pode consultarse na oficina de Planea

mento do Servicio de Urbanismo, en horario das 12 ás 13.30 horas, sita na Avda. da Mariña nº 18, desta cidade.

A Coruña, 7 de xuño de 1999.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda