Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO da Concellería de Medio Ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para xeral coñecemento a seguinte adxudicación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Concellería de Medio Ambiente.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: execución de obra.

b) Descrición do obxecto: execución das obras incluídas no proxecto de creación dun parque público no barrio de Covadonga-Ourense.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP de data 7 de xaneiro de 1999, DOG do 8 de xaneiro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 19.944.784 ptas.

5. Adxudicación:

a) Data: 25 de marzo de 1999.

b) Adxudicatario: Pozanca, S.L.

c) Importe da adxudicación: 17.539.420 ptas.

Ourense, 7 de maio de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente