Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 8/1999, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación da prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda no Hospital de Piñor deste complexo hospitalario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación da prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda no Hospital de Piñor do Complexo Hospitalario de Ourense.

Orzamento máximo de licitación: 12.000.000 de ptas., (72.121,45 euros), IVE incluído, en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público 8/1999, tramitado con carácter ordinario.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: para acreditar segundo o disposto no artigo 16, letra c) da LCAP.

Solvencia técnica: para acreditar segundo o diposto no artigo 19, letra b) da LCAP.

Clasificación económica: non se require.

Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: características funcionais: 4 puntos; experiencia en servicios similares: 3 puntos; relación prezo/calidade: 3 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na unidade de contratación deste complexo hospitalario (Hospital Cristal-Piñor, edificio de administración, planta baixa, rúa Ramón Puga nº 52 de Ourense), en días laborables, agás sábados, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do vixésimo sexto día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 988 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais, sita no Hospital Cristal-Piñor, deste complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 24 de maio de 1999.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense