O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta terceira do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.
2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.
3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos que se vai subministrar: número da referencia da CPA. (Clasificación estatística dos productos por actividades: subministración e arrendamento de determinacións de alerxias).
Orzamento total: 58.978.666 ptas. (IVE incluído) (354.468,92 euros) (IVE incluído).
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 1 lote:
Lote 1. Determinacións de alerxias: 58.978.666 ptas. (354.468,92 euros).
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación e o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Laboratorio (unidade administrativa).
5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 6 de xullo de 1999.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6. a) Data límite de recepción das propostas: 13 de xullo de 1999.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo
Oza, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña, ás 10 horas do día 26 de xullo de 1999.
8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 50%.
Prestacións do equipamento: 20%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 10%.
Total: 100%.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24-10-1998.
17. Data de envío do anuncio: 7 de xuño de 1999.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
A Coruña, 24 de maio de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña