A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.
b) Número de expediente: CP 16/1999.
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de productos alimenticios con destino ó Servicio de Hostalería.
b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado:
Lote 1: aceite.
Lote 2: azucre.
Lote 3: año.
Lote 4: espinaca.
Lote 5: fletán.
Lote 6: galleta lixeira.
Lote 7: galleta María.
Lote 8: chícharo.
Lote 9: xamón cocido.
Lote 10: feixó verde.
Lote 11: leite bolsa.
Lote 12: leite enteira bidón.
Lote 13: pescada.
Lote 14: pan 40 gramos.
Lote 15: pan 80 gramos.
Lote 16: pasta.
Lote 17: polo.
Lote 18: polbo.
Lote 19: rabada.
Lote 20: tenreira 1ª.
Lote 21: tenreira 2ª.
Lote 22: iogur.
Lote 23: zume.
c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, Servicio de Hostalería, estrada de San Pedro s/n, en Ferrol.
d) Prazo de entrega.
Os lotes 11, 12, 14 e 15 serán de entrega diaria.
O resto dos lotes será entregado a demanda, cun prazo máximo de entrega de 24 horas.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Orzamento base de licitación (máximo).
19.624.000 ptas (117.942,61 euros) (IVE incluído).
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote.
6. Obtención de documentación e información.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono: 981 33 45 14. Fax: 981 33 40 84.
7. Requisitos específicos do contratista.
As solvencias económica, financeira, e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no número 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación. ve-lo punto 1, rexistro xeral.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: poden presentarse variantes, tendo en conta o estipulado na folla de especificacións.
9. Apertura das proposicións.
Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
10. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo de execución: 5 meses desde o asinamento do contrato.
11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatarios.
Ferrol, 20 de maio de 1999.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos
de Ferrol