Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público plurianual para a adquisición de reactivos e arrendamento de dous autoanalizadores automáticos de bioquímica con destino ó laboratorio de análises clínicas. (Expediente C.P. 15/1999).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso de subministracións:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, E-15405 Ferrol (A Coruña).

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso plurianual, procedemento aberto e ordinario.

3. a) Lugar de entrega: véxase o punto 1, dependencias do almacén xeral e laboratorio de análises clínicas.

b) Obxecto do contrato, número CPA: CPV:

Expediente: CP 15/1999.

Título: adquisición de reactivos e arrendamento de dous autoanalizadores automáticos de bioquímica con destino ó laboratorio de análisis clínicas.

Importe total: 43.195.469 ptas. (259.609,99 euros) (IVE incluído).

c) División en lotes: un único lote, que incluirá material consumible e arrendamento dos equipos. (Véxase o prego de prescricións técnicas).

4. Prazo de entrega: segundo se indica na folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

5. a) Solicitude da documentación: véxase o punto 1, Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación. Teléfono: 981 33 45 14. Fax: 981 33 40 84.

b) Data límite de solicitude: 12 de xullo de 1999.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: ás 14 horas do día 19 de xullo de 1999.

b) Enderezo: véxase o punto 1, rexistro xeral.

c) Idiomas: castelán e galego.

7. a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura farase no lugar sinalado no punto 1, na sala de xuntas, ás 10 horas do día 30 de xullo de 1999.

8. Fianzas e garantías.

Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación: 863.909 ptas.

9. Modalidades de financiamento e pagamento: por cada remesa do material e sucesivas.

10. Forma xurídica da agrupación: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios da adxudicación: os que se establecen no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admiten variantes.

15. Información adicional: véxase o punto 5 a).

Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro do ano 2000.

16. Data de publicación do anuncio de información previa: non se publicou.

17. Data de envío do anuncio: 27 de maio de 1999.

18. Data de recepción do anuncio:

Ferrol, 20 de maio de 1999.

Pedro Molina Coll

Director-xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol