Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999 pola que se anuncian concursos públicos de obras, polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria das contratacións mediante concurso aberto e tramite de urxencia das obras que se citan:

1. Restauración de edificio residencia Stella Maris na illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 214.426.896 ptas., (doscentos catorce millóns catrocentas vinteseis mil oitocentas noventa e seis pesetas) IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación requirida: grupo C-K , subgrupos 1 ó 9, categoría d.

2. Rehabilitación da igrexa do mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia, en Leiro (Ourense).

Orzamento de licitación: 33.347.057 ptas., (trinta e tres millóns trescentas corenta e sete mil cincuenta e sete pesetas) IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación requirida: grupo C, subgrupos 7, categoría d.

3. Rehabilitación integral do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro, en Nogueira de Ramuín (Ourense).

Orzamento de licitación: 474.697.233 ptas., (catrocentas setenta e catro millóns seiscientas noventa e sete mil duascentas trinta e tres pesetas) IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 26 meses.

Clasificación requirida: Grupo C, subgrupos: todos, categoría e.

Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural.

Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, unicamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto nas cláusulas 6.2, parágrafo segundo, dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada nos pregos de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 13 horas do décimo quinto dia natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a mesa celebrarase o día hábil seguinte.

Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista nas cláusulas 6.5 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

Jesús Peréz Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo