Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación do servicio, por concurso público polo procedemento aberto, con trámite de urxencia para o programa de Turismo Social 1999 para as Persoas Maiores.

En cumprimento do disposto nos artigos 97 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicción do seguinte servicio:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servios Sociais - Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

c) Número de expediente: 9911001100.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: programa de turismo social 1999 para as persoas maiores.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 69 do día 13-4-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: corenta e sete millóns setecentas seis mil catrocentas vinte (47.706.420) pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 6-5-1999.

b) Contratista: Viajes Halcón, S.A.

c) Nacionalidade: Española.

d) Importe adxudicación: corenta e catro millóns novecentas cincuenta mil (44.950.000) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais