Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre a constitución, modificación, disolución e cancelación das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das Sociedades Agrarias de Transformación constituídas conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolucións e cancelacións que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Rama Andrade SAT nº 1020 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Cereo-Cereo Bello-Coristanco (A Coruña), obxecto social: producción láctea, capital social: 6.000.000 de pesetas, nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Novas SAT nº 1021 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Fontorto-Boado-Mesía (A Coruña), obxecto social: producción gandeira, capital social: 60.000.000 de pesetas, nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Pedra Alta SAT nº 1022 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Baronzás, s/n-Xinzo da Limia (Ourense), obxecto social: a producción, transformación e comercialización de cultivos agrícolas e a explotación de terras con base na aplicación de métodos racionais (agricultura integrada), capital social: 300.000 pesetas, nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Carballo SAT nº 1023 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Torneiros-Pol (Lugo), obxecto social: producción gandeira, capital social: 51.000.000 de pesetas, nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Lugar do Pumar SAT nº 1024 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo no Pumar-San Pedro de Eume-As Pontes de García

Rodríguez (A Coruña), obxecto social: a prestación de servicios ós socios, consistentes na reorganización da propiedade dos seus predios, a través da concentración parcelaria de carácter privado, capital social: 6.000 pesetas, nº de socios: 6.

A Sociedade Agraria de Transformación Cabarqués SAT nº 1025 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Balboa-Trabada (Lugo), obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite, capital social: 18.000.000 de pesetas, nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Lodos e Pérez SAT nº 940 XUGA, na asemblea xeral do 10 de febreiro de 1999, acordan por unanimidade:

Aproba-lo aumento do capital social en 6.000.000 de ptas., a partes iguais entre os tres socios, pasando dun capital social de 10.500.000 pesetas a un definitivo capital social de 16.500.000 ptas., en 3.300 recibos nominativos de 5.000 ptas. cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación Chumi SAT nº 830 XUGA, na asemblea xeral do 24 de febreiro de 1999, acordan por unanimidade:

1º A baixa dun socio e a alta doutro, sen variación no capital social.

2º A elección de nova xunta rectora integrada por: Bonifacio María Villares Luna, presidente; Manuel Martínez Portela, secretario, e José Cortón Fernández, vocal tesoureiro.

A Sociedade Agraria de Transformación Areas SAT nº 5565, na asemblea xeral do 3 de maio de 1999, acordan por unanimidade:

1º Modificación do artigo 2 dos estatutos sociais establecendo o valor do recibo en 1.000 ptas. e aumentando o capital social en 70.000 ptas., pasando de 320.000 ptas. a un definitivo capital social de 390.000 ptas., en 390 recibos de 1.000 ptas. cada un.

2º Admitir un novo socio e dar de baixa voluntaria a outro, sen producirse variación no capital social establecido no punto anterior.

3º Nomeamento de nova xunta rectora, integrada por: José Vázquez Paz, presidente, Mª Carmen Vázquez Portos, secretaria, e Mª José Vidal Vázquez, vocal.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación A Grandela SAT nº 623 XUGA, na asemblea xeral do 11 de xaneiro de 1999, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

A Sociedade Agraria de Transformación Monteagudo SAT nº 864 XUGA, na asemblea xeral do 8 de maio de 1998, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

A Sociedade Agraria de Transformación Grueira Teijeiro SAT nº 1014 XUGA, na asemblea xeral do 20 de abril de 1999, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

Cancelación de:

A Sociedade Agraria de Transformación A Grandela SAT nº 623 XUGA, na asemblea xeral do 8 de marzo de 1999, acordan aproba-lo informe-balance e a súa cancelación.

A Sociedade Agraria de Transformación Monteagudo SAT nº 864 XUGA, na asemblea xeral do 18 de maio de 1998, acordan aproba-lo informe-balance e a súa cancelación.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación