Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona da Pontenova (A Pontenova-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona da Pontenova (A Pontenova-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 15 de outubro de 1999, a falta de acordo do propietario deles e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 16 de outubro de 1999, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facela os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución lles outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non aban

done a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, na falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 21 de maio de 1999.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo