Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/297-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Enderezo social: Arenal, 45 B, 15000 Cabanas.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Castro.

Situación: Cabanas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 160 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 50 mm Al, que parte da L.M.T. Atallo-A Pena e remate no C.T. aéreo de 160 kVA a 15000±5%/400 voltios no Castro. Concello de Cabanas.

Cumpridos os trámites na Lei 54/1997 do 27 de novmebro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 19 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña