Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.602

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 31 de maio de 1999 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de caráter persoal existentes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O artigo 18 da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros automatizados das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais creou os ficheiros automatizados de carácter persoal por ordes do 27 de xullo de 1994 e do 14 de febreiro de 1995, pero as alteracións producidas na estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Decreto 227/1998, do 10 de xullo), derivadas da asunción de novas competencias, motivan a creación de novos ficheiros automatizados, así como a modificación dos existentes.

En consecuencia, e de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais son os que se relacionan no anexo desta orde.

Artigo 2º

Os titulares dos órganos responsables de cada ficheiro automatizado adoptarán, baixo a superior dirección do conselleiro, as medidas de xestión e organización que sexan necesarias para asegura-la confidencialidade, seguridade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 3º

Para a cesión de datos ós servicios de estatística das administracións públicas, observarase o disposto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estatística.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as ordes de 27 de xullo de 1994 e do 27 de febreiro de 1995.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

FICHEIROS DEPENDENDENTES DA SECRETARÍA XERAL

1. Ficheiro: persoal.

Usos e fins previstos: a ordenación de xeito automatizado da xestión do persoal da consellería (agás o persoal pertencente a forzas e corpos de seguridade do Estado adscrito á Comunidade Autónoma); mantemento das relacións de postos de traballo, datos de nómina para orzar prazas e control dos permisos e ausencias do persoal.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: persoal administrativo e laboral que presta os seus servicios na consellería.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de administracións públicas e de declaración dos propios interesados.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

De carácter persoal.

Académicos e profesionais.

De emprego e de carreira administrativa.

De nómina e de axudas de acción social.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: secretaría xeral.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Servicio de Xestión Económica e Persoal.

2. Ficheiro: sancións.

Usos e fins previstos: control estatístico dos recursos e expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: persoa físicas ou xurídicas dedicadas á actividade de espectáculos públicos incursos en expedientes sancionadores.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: declaracións dos propios interesados ou dos seus representantes legais.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

Infraccións.

Información comercial.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: secretaría xeral da consellería.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Servicio Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral.

FICHEIROS DEPENDENDENTES DA DIRECCIÓN XERAL

DE XUSTIZA E ADMINISTRACIÓN LOCAL

1. Ficheiro: obxectores.

Usos e fins previstos: leva-lo mantemento dos datos dos obxectores, incluíndo os centros onde realicen a prestación; consulta-los permisos e vacacións desfrutados; domicilia-lo cobramento de haberes e, cando proceda, do seguro.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: persoas que se acollen á prestación social substitutoria.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos propios interesados.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

Administrativos.

Económicos-financeiros (bancarios e do seguro).

Cesión de datos que se prevén: ó Ministerio de Xustiza e á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificacións e cancelación, cando procedan: Servicio de Obxección de Conciencia.

FICHEIROS DEPENDENDENTES DA DIRECCIÓN XERAL

DE RELACIÓNS LABORAIS

1. Ficheiro: accidentes.

Usos e fins previstos: xestión de estatísticas internas sobre accidentes de traballo; seguridade, control interno e de estatística pública.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: persoas que teñan accidentes laborais e enfermedades profesionais.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de rexistros públicos.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

Datos de características persoais.

Datos de emprego.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Subdirección Xeral de Seguridade e Hixiene.

2. Ficheiro: representantes elixidos.

Usos e fins previstos: control e mantemento dos representantes elixidos nas distintas candidaturas para unha empresa ou Administración.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: traballadores que resulten elixidos nas diferentes candidaturas presentadas nunha empresa no proceso das eleccións sindicais.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de administracións públicas, por declaracións dos propios interesados ou por formularios.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

Datos de características persoais.

Sindicato de afiliación ó que representa.

Antigüidade na empresa.

Colexio electoral.

Cesión de datos que se prevén: ó Ministerio de Traballo, con fins estatísticos (previsto polo artigo 22.1º do Real decreto 1844/1994, do 9 de setembro).

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Subdirección Xeral de Traballo.

FICHEIROS DEPENDENTES DA DIRECCIÓN XERAL DE INTERIOR

1. Ficheiro: empregados.

Usos e fins previstos: mante-lo rexistro de empregados en salóns, bingos e casinos. Expedi-lo correspondente carné de empregado.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: traballadores de salóns, bingos e casinos.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaración dos propios interesados ou dos seus representantes.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos indentificativos.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Subdirección Xeral de Interior.

2. Ficheiro: individuos.

Usos e fins previstos: uso polo sistema de xestión de máquinas recreativas usado no rexistro de empresas operadoras de salóns bingos e casinos.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: socios ou representantes de empresas operadoras ou sociedades titulares de bingos, casinos e salóns; titulares de establecementos con máquinas recreativas.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos propios interesados ou dos seus representantes.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel

Datos identificativos.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Subdirección Xeral de Interior.

3. Ficheiro: prohibidos en casinos.

Usos e fins previstos: prohibi-la entrada nos casinos de xogo desta Comunidade Autónoma a aquelas persoas que figuren no Rexistro de Prohibidos incluídos por petición propia, por petición dun familiar ou por cesión da autoridade administrativa do xogo.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de administracións públicas e de declaracións dos propios interesados ou dos seus representantes, así como de declaracións de persoas distintas do afectado ou do seu representante.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

De carácter persoal.

Cesión de datos que se prevén: prevense cesións a bingos e casinos de xogo (previsto polo artigo 8 do Decreto 273/1986, do 31 de xullo, DOG nº 182, do 19 de setembro).

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior.

4. Ficheiro: prohibidos en salas de bingo.

Usos e fins previstos: prohibi-la entrada nas salas de bingo desta Comunidade Autónoma a aquelas persoas que figuren no Rexistro de Prohibidos por ter sido incluídos por petición propia, por petición dun familiar ou por decisión da autoridade administrativa do xogo.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de administración públicas, de declaracións dos propios interesados ou dos seus representantes, e de declaracións de persoas distintas do afectado ou do seu representante.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

De carácter persoal.

Cesión de datos que se prevén: prevense cesións a bingos e casinos de xogo (previsto polo artigo 8 do Decreto 273/1986, do 31 de xullo, DOG nº 182, do 19 de setembro).

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Dirección Xeral de Interior.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Dirección Xeral de Interior.

FICHEIROS DEPENDENTES DA DIRECCIÓN XERAL

DE PROTECCIÓN CIVIL

1. Ficheiro: voluntarios.

Usos e fins previstos: rexistra-los voluntarios da Comunidade Autónoma galega, así como as agrupacións ás que pertencen.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: voluntarios de protección civil; agrupacións de protección civil.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos propios interesados ou dos seus representantes legais.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

De carácter persoal.

Profesionais e académicos.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Protección Civil.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelacións, cando procedan: Dirección Xeral de Protección Civil.

FICHEIROS DEPENDENTES DA ACADEMIA

GALEGA DE SEGURIDADE

1. Ficheiro: alumnos.

Usos e fins previstos: ter coñecemento dos cursos realizados polos alumnos; remitir información referente a novos cursos, así como establecer criterios para a súa selección, así como a elaboración de estatísticas internas de desenvolvemento dos cursos.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: membros dos corpos de policía local e bombeiros de Galicia; voluntarios de protección civil, e membros da unidade adscrita a Galicia do Corpo Nacional de Policía.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos propios interesados ou dos seus representantes legais.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

Profesionais.

Administrativos.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Academia Galega de Seguridade.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificacións e cancelación, cando procedan: Academia Galega de Seguridade.

2. Ficheiros: terceiros.

Usos e fins previstos: pagamento de bens subministrados e servicios prestados.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: terceiros que subministran bens ou prestan servicios.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos propios interesados ou dos seus representantes legais.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

Datos bancarios.

Cesión de datos que se prevén: á Axencia Estatal de Administración Tributaria (prevista pola Lei do imposto da renda das persoas físicas).

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Academia Galega de Seguridade.

Sercivio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Academia Galega de Seguridade.

3. Ficheiro: profesores.

Usos e fins previstos: selección para participar como profesor colaborador; aboamento de honorarios e control do importe máximo en concepto de indemnización por razón do servicio.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: profesores colaboradores para impartir cursos de formación.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaración dos propios interesados.

Estructura básica do ficheiro e tipos incluídos nel:

Datos identificativos.

De carácter persoal.

Profesionais.

Administrativos.

Económico-administrativos (bancarios e de nómina).

Cesión de datos que se prevén: á Axencia Estatal de Administración Tributaria (prevista pola Lei do imposto da renda das persoas físicas).

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Academia Galega de Seguridade.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Academia Galega de Seguridade.

FICHEIROS DEPENDENTES DO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

1. Ficheiros: revistas.

Usos e fins previstos: para uso simplemente interno; para o envío de xeito periódico de revistas e publicacións que efectúa o Consello persoal da consellería ou alleo a ela, e que estea relacionado con temas laborais.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: do propio interesado ou do seu representante legal, e de fontes accesibles ó público, así como de directorios telefónicos.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Consello Galego de Relacións Laborais.

Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Consello Galego de Relacións Laborais.