Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto (tramitación urxente), das obras de urbanización do camiño de baixada ó Castaño (1º tramo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: Servicios Centrais da Xerencia.

c) Expediente: 4147/401.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: obra de orzamento e pavimentación da calzada e beirarrúas do camiño de baixada ó Castaño (1º tramo).

b) Prazo do contrato: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 13.365.201 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: Praza do Rei s/n. (fronte a casa do concello).

c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

d) Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade, enderezo e localidade: véase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro mércores seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 8 de xuño de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente