Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da UA II-07 Atlántida. (Expediente 4015/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou, en sesión do día 30 de abril de 1999, aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UA II-07 Atlántida presentado por Mónica M. Mateo García Barros, redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García e con visado colexial con datas do 4 de decembro de 1996 e 28 de setembro de 1998.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou intentada esta no se puidese practicar.

Vigo, 10 de maio de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo