Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do 18 de maio de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da parcela A Cepeira en roxos, promovido por Cysugal, S.A.

O ámbito da urbanización é o comprendido entre os seguintes estremos:

Norte: Manuel Cajade Rey.

Sur: parcela segregada de 410 m, estrada de Santiago de Compostela-Noia (C-543) e camiño de acceso a predios.

Leste: propiedades de Manuel A. Cajade Rey, Eduardo Baliñas e herdeiros de Martelo e Marcos González.

Oeste: propiedade de Juan Ramón Cajade Rey.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde