Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

EDICTO.

O Pleno deste Concello acordou contrata-la obra de camiño local de acceso ó barrio de Augaxosa, Rego do Paxaro e barrio da Covela, cun orzamento de 7.432.000 ptas., polo procedemento aberto, sistema de concurso e tramitación urxente.

Os pregos de condicións económico-administrativas particulares que rexerán na contratación da obra citada expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente edicto no BOP.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, anúnciase, ó mesmo tempo, a contratación da obra, tendo en conta que estas se suspenderán no caso de producírense reclamacións contra os pregos.

1. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro do Concello, durante o prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

2. Documentación que hai que presentar.

Os licitadores presentarán, ó mesmo tempo, dous sobres; un levará soamente o modelo de proposición económica e as modificacións que propoña o concursante que poidan facer máis conveniente a realización do obxecto do contrato, de conformidade cos criterios que se establecen por orde decrecente na base nº 21, e outro cos documentos seguintes:

a) DNI e NIF ou fotocopia autenticada.

b) Xustificante acreditativo de ter depositada fianza provisional.

c) Testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición que para contratar se prevén no artigo 20 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. No suposto de que o dito documento non poida ser expedido pola autoridade competente, poderá ser substituido por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado.

d) Escritura de poder, se actúa en representación doutra persoa, legalizado, de é o caso, e verificado na súa suficiencia por un letrado en exercicio ou polo secretario do concello.

e) Escritura de constitución de sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza.

f) Xustificante autenticado de estar dado de alta no Imposto sobre Actividades Económicas no epígrafe que o faculte para contratar.

g) Certificación de estar ó día no pagamento das cotas da Seguridade Social.

h) Declaración de estar al ó día nas súas obrigas tributarias nos termos establecidos no artigo 2 do Real decreto 1462/1985, do 3 de xullo.

i) Xustificación da solvencia económica e financeira, que se acreditará por calquera dos medios seguintes:

1. Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificantes da existencia dun seguro de indemnizacións por riscos profesionais.

2. Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras durante os tres últimos anos.

j) Xustificación da solvencia técnica, que se acreditará polos seguintes medios:

a) Relación das obras executadas nos últimos cinco anos, xunto cun certificado de boa execución para as máis importantes.

b) Declaración en la que se indica a maquinaria, o material e os medios técnicos de que dispón o empresario para a execución das obras.

3. Modelo de proposición.

D/na,...domiciliado/a en ...con DNI nº..., en nome propio (ou en representación de...como acredita por...), informado/a da convocatoria do concurso, toma parte nel, comprometéndose á realización das obras de ...no prazo de... e no prezo de...(en letra e en número) IVE incluído, conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas económico-administrativas, que acepta na súa totalidade e que se compromete á realización das unidades de obra adicional valoradas ó prezo de proxecto e de acordo co seguinte detalle: unidades, medición, designación, prezo e total.

Riotorto,...de...de 1998.

4. Condicións da adxudicación.

-Unidades de obra completa adicional que garden relación coa materia do proxecto obxecto do contrato e prezos do proxecto.

-Mellor prezo.

-Mellor prazo de execución.

En todo caso, solicitará a alcaldía a un técnico competente informe sobre as proposicións presentadas antes da súa adxudicación.

O expediente está á disposición dos interesados na Secretaría Municipal.

Riotorto, 28 de maio de 1999.

José López Cabodevila

Alcalde.