Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra número 104, do 3 de xuño de 1999, publicáronse a convocatoria e as bases para a provisión do posto de traballo de xefe de Sección de Acción Municipal e Inspección desta deputación provincial, polo sistema de libre designación.

Poderán concorrer tódolos funcionarios de carreira da Admón. Autónoma da Comunidade galega e das corporacións locais comprendidas dentro do ámbito territorial desta Comunidade Autónoma, esixíndose a titulación de enxeñeiro técnico ou axudante de obras públicas.

As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia, ás que deberán achega-la documentación xustificada dos méritos que aleguen, de acordo coa base IV da convocatoria.

O que se fai público para o coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 7 de xuño de 1999.

Manuel Abeledo López

Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra