Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso e mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de dous ecógrafos para o Servicio de Radioloxía. (Expediente 49/1999).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artí

go 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:

Expediente 49/99:

1. Obxecto: adquisición de dous ecógrafos para o Servicio de Radioloxía do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

2. Orzamento: 22.000.000 de ptas., 132.222,66 euros, IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por artigo.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver pregos de prescricións técnicas (punto-2).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº 986 81 60 23 e fax nº 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas se realizará pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación, de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 26 de maio de 1999.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo