Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para a implantación dun sistema de control e verificación de equipamento analítico do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a implantación dun sistema de control e verificación de equipamento analítico do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

2.2. Prazo de execución: máximo seis meses.

3. Orzamento base de licitación: 5.250.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata: 105.000 ptas.

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata: 210.000 ptas.

6. Documentación e información.

6.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición

dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Basquiños nº 2.

6.2. Información: teléfono: 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladaráse ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidad y código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente