Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ANUNCIO.

Anuncio de licitación.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase licitación e contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra incluída no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais 1999 e Programa I Piel.

Entidade adxudicadora.

-Organismo: Concello da Capela.

-Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato.

-E a execución da seguinte obra: sumidoiros e pavimentación en Vilarón.

-Duración do contrato: seis meses.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

-Tramitación: urxente.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

Orzamento de licitación.

-Oito millóns catrocentas setenta e nove mil novecentas cinco (8.479.905) pesetas, IVE incluído; (50.965,26 E).

Garantías.

-Provisional: 2% do impote de licitación.

-Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

Presentación de ofertas.

-Data límite de presentación: dentro dos 13 días naturais seguintes ó da derradeira inserción deste anuncio no DOG ou BOP.

Lugar de presentación.

No rexistro de entrada do concello, dás 9 ás 14 horas.

Documentación que hai que presentar:

A prevista nos pregos-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobadas pola deputación provincial con data do vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis, así como a súa modificación puntual con data do vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e seis, (publicadas no BOP nº 123, do 30 de maio, e nº 282, do 9 de decembro).

Gastos dos anuncios.

Tódolos gastos orixinados pola publicación dos anuncios de licitación e contratación serán por conta do contratista adxudicatario.

Capela, 4 de xuño de 1999.

Ángel López Sueiro

Presidente