Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/117-3 A.T.).

Instalacións: L.M.T.-C.T.-R.B.T. Carballo-Cimadevilla-San Cristovo; Chandrexa de Queixa.

Entidade beneficiaria: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Data, lugar e hora da convocatoria: 1 de xullo de 1999, na casa do concello, de 13 a 14 horas.

Por resolución desta delegación provincial do 1 de febreiro de 1999 foi autorizada e declarada de utilidade pública, a favor da citada entidade beneficiaria, a liña eléctrica de referencia, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos de artigo 52 de Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF resolvo:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello en que están os predios, no día e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se fará consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que se publicou no DOG de data 13-7-98, no BOP de Ourense do 15-7-1998 e no xornal diario La Región do 13-6-1998, que se expón actualizada no taboleiro de edictos do Concello de Chandrexa de Queixa e no anexo da presente resolución, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; se o estiman oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario, pola súa conta.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 5 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/117. Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Carballo-Cimadevila.Termo municipal: Chandrexa de Queixa.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3PireiroMonte baixoManuel Taboada Lópezr/ Campanillas, 27-8º I

24008 León

1261610

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

20CarballoHortaDescoñecido821291.290

42TerciasPradoAgapito Rodríguez

Rodríguez

Praza Borrul, 13-1º1ª

12003 Castellón

52520

44TerciasPradoManuel Taboada Lópezr/ Campanillas, 27-8ºI

24008 León

19224240