Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/147-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cia., S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Angoares.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde a L.M.T. Ponteareas-Salvaterra, continuando subterránea 100 m de lonxitude, con conductor tipo 3x150 mm, ata o C.T. que se proxecta en Angoares, concello de Ponteareas. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra