Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, da obra de cambio de cuberta e baixantes do ximnasio do CEIP Pedro Caselles de Tomiño e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: delegación provincial.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta e baixantes do ximnasio no CEIP Pedro Caselles de Tomiño.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 7.697.724 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 153.954 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.2. a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta e baixantes no EESP de Vilagarcía de Arousa.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 6.669.907 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 133.398 ptas., correspondente ó 2 % do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.3. a) Descrición do obxecto: porche cuberto, supresión de barreiras arquitectónicas e reparacións varias no IES O Pino Manso do Porriño.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 11.433.005 ptas, IVE incluído.

d) Fianza provisional: 228.660 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias B, a establecida no prego de cláusulas administratvas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 8 de xuño de 1999.

P.D. (Dto. 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra