Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto de concurso público, con tramitación urxente, das obras de subsistución da carpintería exterior no CEIP de Celanova (Ourense) e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: substitución da carpintería exterior no CEIP de Celanova (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 11.000.000 de ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.2. a) Descrición do obxecto: adaptación e remodelación de espacios no CPI, Tomás Lemos de Ribadavia (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 11.000.000 de ptas., IVE inluído.

d) Fianza Provisional: o 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.3. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta no CEIP Virxe de Covadonga, de Ourense.

b) Prazo de execución: 8 meses.

c) Orzamento da obra: 10.372.466 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.4. a) Descrición do obxecto: substitución de carpintería exterior, reparación de aseos e cuberta no CEIP Manuel Respino da Rúa (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 10.500.000 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.5. a) Descrición do obxecto: construcción de aseos no CEIP de Eiroas (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 17.121.334 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.6. a) Descrición do obxecto: cubrición de patios na escola anexa de Ourense.

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 8.479.998 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

Non será necesaria a presentación de garantía provisional por parte daquelas empresas que acrediten a clasificación requirida a teor do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre A de documentación xeral, a establecida na cláusula 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre B: proposición económica segundo o establecido na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre C de referencias técnicas: a establecida na clásula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, a partir das 9 horas do cuarto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e as horas hábiles de oficina no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na rúa Concello 11, Ourense, teléfono 988 21 04 20.

Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 2 de xuño de 1999.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Luis Vázquez Fernández

Delegado provincial de Ourense