Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/104-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Porto de Quilmas.

Situación: Carnota.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 35 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 62 da liña Pontella-Alivia (Expte. 27856) e final no C.T.C. Porto de Quilmas, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Porto de Quilmas, do que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón de 92 m de lonxitude en conductor R.Z. e de 5 m subterránea en conductor R.V. Carnota.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña