Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (161/1990).

Manuel Ferreiro González, secretario da sala da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que na apelación civil nº 1605/1997, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«A Coruña, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Ángel Barrallo Sánchez-Presidente, María del Carmen Taboada Caseiro, Carmen Martelo Pérez, maxistrados, pronunciou en nome do Rei a seguinte sentencia. No recurso de apelación civil 1605/1997, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela, co número 161/1991, xuízo de menor contía sobre reclamación de cantidade, entre partes, dunha, e como demandante apelado José Dopazo García, representado polo procurador Pardo de Vera e defendido polo letrado López López, e doutra e como demandado apelante Felicia Estévez Salazar, representado polo procurador López Valcarcel, como demandado apelante o Consorcio de Compensación de Seguros con asistencia e defensa do avogado do Estado; e como demandados apelados declarados en situación procesual de rebeldía a Cía. Mapfre e José Costa Pedrouzo, cos que se entenderon nas sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal. É ponente a maxistrada María

del Carmen Taboada Caseiro, decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela, xuízo de menor contía número 161/1990, debemos confirmar e confirmámo-la dita resolución, e con imposición das custas deste recurso á parte apelante.

E ó xulgado de procedencia, expídade a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, o once de maio de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado