Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.577

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (84/1999).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 84/1999, cítase o denunciado, Manuel Ángel Rivas Alonso, do que se descoñe o domicilio actual, para que o vindeiro día 23 de xuño de 1999, ás 11.45 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advirtíndoo de que, pode ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 7 de maio de 1999.

El/la secretario/a

Rubricado