Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (100/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 14 de maio de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o proxecto de compensación da área B do sector urbano do campus universitario, por pedimento de Ángel Prol Garrido, en representación de Obras e Promocións Prol Garrido, S.L.

Contra esta resolución do Pleno, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición, se se interpuxese, ou ben directamente contra esta resolución, é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de maio de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente