Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación das obras de reformas do centro de servicios sociais; exponse ó público durante o prazo de catro días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP para que poidan presentar alegacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producisen reclamacións ó prego.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: secretaría.

Obxecto do contrato.

a) Descrición: a contratación da execución das obras incluídas no proxecto indicado.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Tipo de licitación: 11.946.132 ptas. (IVE incluído).

Duranción do contrato: tres meses.

Garantías: provisional por importe do 2% do tipo e definitiva do 4%.

Información para obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Poio, Servicio de Contratación. Domicilio: praza do Mosteiro, 1. Poio, teléfono 986 77 00 38, fax 986 77 12 77.

b) Data límite para obtención documentos e información: día anterior ó de remate de presentación de ofertas.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, durante o prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de proposicións: pola mesa de contratación, no salón de sesións da casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non cadre en sábado.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusua 10ª do prego.

Poio, 31 de maio de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde