Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de maio de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica o cambio de titularidade da vivenda sita na Coruña, polígono de Elviña II fase, bloque 16, portal 1, piso 8º C, a favor de Mercedes Rendal Carral.

De conformidade co disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase o cambio de titularidade da vivenda C-40-IV/76, conta 86 a favor de Mercedes Rendal Carral, atendendo a sentencia de divorcio do 27 de novembro de 1991 e convenio regulador do 1 de setembro de 1988.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa poderase interpoñer perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o artigo 1.14º e 1.29º a 1.32º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 14 de maio de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña