Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de maio de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren descoñecidos os seus domicilios, o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 49/1998.

Por medio de esta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados os acordos de incoación dos correspondentes expedientes sancionadores que, cos números que se indican, se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivienda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para facer cantas alegacións crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, para solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido e en cumpri

mento do disposto no artigo 1.16º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 13 de maio de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C49/1998.

Juan José Casal Raindo

Rúa Antelo, Portal 7, 6º esquerda, Polígono de Esteiro (Ferrol).