Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación dos expedientes sancionadores de epizootias LU-65 e 76/1999 por non ter constancia da súa recepción polos destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e últimos enderezos coñecidos que se sinalan a continuación a notificación de incoación de expedientes sancionadores polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructora do procedemento a Mª Paz Maseda Ferreiro e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarias desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: LU-65/99.

Denunciado: David Fernández Ballesteros.

DNI: 11.600.879.

Último enderezo coñecido: r/ Lope de Vega, 22, La Bañeza-León.

Feito denunciado: encontrarse ás 11.20 horas do día 24 de marzo de 1999, no mercado gandeiro de Monforte de Lemos, con cinco equinos, e carecer da guía de orixe e sanidade pecuaria que os amparese e da cartilla de tratante.

Precepto infrinxido: artigo 32, 65, 195 e 196 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 e 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: do 20 ó 30 por cen do valor da res e de 1.000 a 50.000 ptas.

Instructora: Mª Paz Maseda Ferreiro.

Expediente: LU-76/99.

Denunciado: Luis Seoane Cacharrón.

DNI: 33.634.068.

Último enderezo coñecido: Avda. Portugal, 153, Rábade-Lugo.

Feito denunciado: abandona-los cadáveres de 2 animais ovinos na parroquia de Belesar-Vilalba sen enterralos polos medios establecidos.

Precepto infrinxido: artigo 157, 158, 159 e 168 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 216 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 ptas.

Instructora: Mª Paz Maseda Ferreiro.

Lugo, 24 de maio de 1999.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo