Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 7 de maio de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre a Renda de Integración Social de Galicia, relacionadas no anexo.

No uso da competencia que atribúe a esta Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro de 1991), e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE 27-11-92), ó seren devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, requírese os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndoos de que de non facelo así teranse por notificados cos efectos que correspondan.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

Solicitante: Rodríguez Delgado, Esclavitud.

DNI: 33.244.302.

Concello: Culleredo.