Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 18 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación dos expedientes sancionadores de epizootias LU-66 e 88/1999 devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mª Paz Maseda Ferreiro e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: LU-66/99.

Denunciado: José Pérez Rodríguez.

DNI: 76.755.449.

Último enderezo coñecido: As Areas, 2, Ourense.

Feito denunciado: encontrarse ás 10.30 horas do día 24 de marzo de 1999, no mercado gandeiro de Monforte de Lemos, con seis burros, e carecer da reseña destes.

Precepto infrinxido: artigo 7 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15 de decembro).

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 ptas.

Instructora: Mª Paz Maseda Ferreiro.

Expediente: LU-88/99.

Denunciado: José Méndez Díaz.

DNI: 33.807.022.

Último enderezo coñecido: S. Juan de Tirimol, 17 Lugo.

Feito denunciado: transportar ás 3.15 horas do día 30 de abril de 1999, no camión matrícula LU-0050-I, 4.500 aves desde Astorga-León ata o matadoiro de Luavi-Lugo, e carecer de autorización oficial de traslado que as amparase desde a súa orixe ata o seu destino.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: do 20 ó 30 por 100 do valor da res.

Instructora: Mª Paz Maseda Ferreiro.

Lugo, 18 de maio de 1999.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo