Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación e publicación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Estacas (Cuntis-Pontevedra).

O xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Pontevedra pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Estacas (Cuntis-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 147/1995, do 10 de maio (DOG nº 102, do 30 de maio), que a xunta local da zona, na súa reunión do 5 de maio de 1999, aprobou as bases definitivas de concentración. As mencionadas bases estarán expostas ó público no local da Casa do Concello de Cuntis e nos lugares de costume da zona durante un prazo de trinta días, contados a partir do seguinte en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da casa do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar refírense á determinación do perímetro (colección de planos cos predios incluídos e excluídos e relación destes), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes, que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e a determinación dos propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases, os interesados poden interpoñer, por si mesmos ou por representación, recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro dos trinta días sinalados. Os recursos pódense presentar no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (sito na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra), no rexistro xeral da consellería (sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle-las notificacións.

Pontevedra, 6 de maio de 1999.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais