Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.
Organismo: Dirección Xeral de Industria.
Número de expediente: 7/99.
Obxecto do contrato: subministración do mobiliario para o edificio administrativo do centro de granitos no Porrriño.
Prazo de execución: a subministración, instalación e confección do manual do mobiliario instalado, deberá estar concluído e entregado o 30 de novembro de 1999.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Orzamento base de licitación: o orzamento máximo para esta contratación é de catorce millóns setecentas oitenta e catro mil pesetas (14.784.000 ptas).
Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato (295.680 ptas).
Obtención de documentación e información:
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.
Localidad e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Teléfono: 981 54 55 22.
Fax: 981 57 34 69.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.
Admisión de variantes: non se admiten.
Apertura das ofertas.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: dez horas.
Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Idustria e Comercio