Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. río Támega, 12.
Situación: Verín.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 60 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. a C.T. Matadoiro e remate na L.M.T.S. a C.T. Estrella. C.T. en baixo do malecón río Támega 12 con 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do C.T. malecón río Támega 12 de 115 m en conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 11 de maio de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense