Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/143-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., ponte Romana-Avda. Xeneralísimo.

Situación: As Pontes.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, 780 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte da L.M.T.A. a D.C. Mourela-Avda. Xeneralísimo, pasa polo C.T. ponte Romana e remata no C.T. Avda. do Xeneralísimo. L.M.T.S. a 20 kV de 210 m en R.H.V. 240 mm Al que parte do mesmo punto da L.M.T. anterior e remate na L.M.T.S. a C.T. Balsas. L.M.T.S. de 20 kV de 175 m en R.H.V. de 95 mm Al, que parte do C.T. ponte Romana e remate no C.T. Severino. L.M.T.S. de 20 kV de 30 m en R.H.V. de 95 mm Al que parte do C.T. Avda. Xeneralísimo e conexiona coa L.M.T.S. a C.T. Cuíña. C.T. prefabricado en Ponte Romana de 400 kVA e ensamblaxe das B.T. Concello das Pontes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña