Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/149-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Azoreira-Piñeiro.

Situación: Carral.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 482 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da liña que alimenta o C.T. Lodeiro e final no C.T. Piñeiro, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, en Piñeiro de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 390 m de lonxitude. Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 770 m de lonxitude, con orixe no C.T. Azoreira e discorrendo polo lugar do mesmo nome. Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña