Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/140-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

ENderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., Eirís-Linares Rivas (liña 10 e 21).

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 820 de lonxitude, con orixe no cambio de aéreo a subterráneo da liña A Grela-Bellavista-Petroliber (Expte. 13674) e final en liña desde C.T. San Diego I a C.T. Coalsa de 855 m de lonxitude, con orixe na liña que vai desde C.T. San Diego I a C.T. Coalsa e final en C.T. Centenario de 1.360 m de lonxitude, con orixe no C.T. Centenario e final no C.T. A Palloza, existente. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña