Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/116-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica del Sallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Trabugáns (San Roque).

Situación: Coristanco.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 195 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 18 da liña Vilares-Santa Comba e final

no C.T. Trabugáns, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Trabugáns (San Roque), do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 200 m de lonxitude. Coristanco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña