Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/107-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. en Cacheiras Teo-Vilagarcía S.L.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea, de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 1.210 m de lonxitude, con orixe no C.T. urbanización Palomas e final no C.T.C. Palomas, que se vai instalar. Centro de transformación en baixo de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Teo-Vilagarcía S.L., do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 45 m de lonxitude. Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña