Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 10 de xuño de 1999 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para os días 14 e 15 de xuño de 1999 nas garderías infantís dependentes desta consellería na provincia de Ourense.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño de 1988 (DOG nº 116, do 20 de xuño).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

O comité de folga da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Ourense, en escrito presentado perante a mencionada delegación provincial (rexistro de entrada do pasado 3 de xuño) comunica a convocatoria de paro que terá lugar durante as xornadas dos días 14 e 15 de xuño de 1999 e que afectará ós empregados e empregadas públicas das garderías infantís dependentes desta consellería na provincia de Ourense.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a esta consellería a fixa-los servicios mínimos necesarios para o adecuado desenvolvemento das actividades a favor do principio constitucional de protección social da familia.

Na súa virtude, e oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Que o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais nas garderías infantís dependentes desta consellería na provincia de Ourense:

Con carácter xeral: tódolos/alas directores/as das ditas garderías.

-A Farixa: 3 técnicos especialistas en xardín de infancia, 1 camareira-limpadora e 1 oficial 1ª cociña.

-Antela: 2 mestres especialistas en educación infantil, 3 técnicos especialistas en xardín de infancia, 2 camareiras-limpadoras e 1 oficial 1ª cociña.

-Virxe de Covadonga: 3 técnicos especialistas en xardín de infancia, 1 camareira-limpadora, 1 oficial 1ª cociña e 1 ordenanza.

Segundo.-A designación nominal do persoal que deberá cubri-los servicios mínimos fixados será feita

polo delegado provincial da consellería e publicada no taboleiro de anuncios dos referidos centros.

Terceiro.-O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente.

Cuarto.-O disposto na presente orde non suporá limitación ningunha dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude